O carteiro de Bagdad de Marcos S. Calveiro foi a lectura elexida neste trimestre polo club de lectura de 6º B.
Un libro que deu para pensar que hai moitos lugares do mundo onde as persoas só teñen a preocupación de sobrevivir.
A través das páxiñas foron coñecendo ao protagonista da historia , a vida cotidiá, a súa familia, a soidade... Valorando o fermoso traballo do seu pai, carteiro, que arrisca a súa vida para levar a esperanza e as novas.
Un libro que nos ensina a valorar este lugar onde nacemos.
Tanto estes libros como os de "Kafka y la muñeca viajera" foron proporcionados polo IES Ribeira do Louro do Porriño, o que dende eiqui agradecemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario