lunes, 1 de abril de 2019

Concienciación sobre o Autismo

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou por unanimidade o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (A/RES/62/139) para pór de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con autismo, para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

Neste sentido, convida a todos os Estados Membros, as organizacións competentes do sistema das Nacións Unidas e outras organizacións internacionais, así como á sociedade civil, incluídas as organizacións non gobernamentais e o sector privado, a que observen debidamente o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, con miras a aumentar a conciencia pública sobre ese trastorno.
O autismo caracterízase principalmente por peculiaridades na esfera da interacción social e dificultades en situacións comunicativas comúns, modos de aprendizaxe atípicos, especial interese por certos temas, predisposición a actividades rutineiras e particularidades no procesamiento da información sensorial.
O índice de autismo en todas as rexións do mundo é alto e a falta de comprensión produce fortes repercusións sobre as persoas, as súas familias e as comunidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario