O pasado venres 22 de marzo visitounos Diana e Manuel, os pais de Cristina, que viñeron a contarlle aos nenos e nenas de 1ºB o conto “primeira semana da escola de vacas” de Andy Cutbill. Este conto é a segunda parte do libro “A vaca que puxo un ovo” que xa nos contara a familia de Cristina no primeiro trimestre. E como era de esperar, foi todo un éxito! Quedamos encantados con esta visita. Ademais, fixemos un pequeno obradoiro no que aprendimos a facer marcapáxinas con forma de vaca
Moitas grazas á familia de Cristina por facernos pasar un rato tan divertido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario