Este venres 26 visitanos a escritora Raquel Castro co seu libro "Bestiario Doméstico" editado por Galaxia.
Un variado bestiario de animais (mamíferos, réptiles, insectos, arácnidos…) que se poden atopar en calquera casa rural ou con xardín; coas súas rutinas cotiás, as súas cuitas e vivencias. Un exquisito sentido do humor e mesmo retranca.
O nome dun animal dá título a cada capítulo, seguido do seu nome científico e unha breve definición, tamén científica. As andanzas, os soños, os devezos, os namoros, a loita pola supervivencia de cada bicho, as súas présas ou a súa calma, os trafegos de cada un, completan o capítulo que, nas súas últimas liñas dará entrada ao animal que nomeará o seguinte. Así chegaremos ao último destes “bichos”, ao último capítulo, e atoparémonos reunidos nel a todos os demais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario