viernes, 31 de mayo de 2019

ANA CONTA...

O pasado venres, día 24 de maio, visitou a nosa biblioteca a  nai de Emma e Lía, alumnas de 1ºB, para contarnos o conto “SACAPENAS”.
Este conto foi moi divertido. Ademais, ao rematar, cada alumno/a fixo un sacapenas para poder contarlle as súas preocupacións e deixalo debaixo da almofada como facía o neno do conto.

Moitas grazas por vir, Ana!!!


 






1 comentario:

  1. Encantada de poder colaborar a mergullar ás nenas e nenos no mundo máxico dos contos!!! Grazas Elena pola oportunidade de poder compartir uns momentos preciosos na escola!!!

    ResponderEliminar