O xoves 16 de xaneiro reunímonos en torno ao libro Chamádeme Simbad, un libro que fala do alzheimer, da familia e os seus conflitos, do ritmo de vida actual que non permite coidar adecuadamente aos nosos maiores ou aos pequenos/as da casa... en definitiva un libro que transmite valores universais.
Chamádeme Simbad resultounos unha aventura divertida que nos enganchou e gustou.
Esta obra de Francisco Castro gañou o premio ao mellor libro infantil de 2009 concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias. As súas ilustracións foron feitas por Manel Cráneo e está publicado dentro da Colección Árbore da Editorial Galaxia.
Os exemplares para este club foron prestados polos IES Ribeira do Louro.
Os exemplares para este club foron prestados polos IES Ribeira do Louro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario