O martes 21 de xaneiro reunímonos para falar da novela gráfica " Persépolis" da iraní Marjane Satrapi.
A autora é unha das artistas máis aclamadas; galardoada con varios premios entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême. Persépolis co tempo converteuse nun cómic de referencia.
O libro que este ano cumple vinte anos é un relato, en branco e negro, autobiográfico e histórico dun pobo e unha época. A historia de como creceu nun réxime fundamentalista islámico que acabaría levando a abandonar o seu país.
O cómic empeza a partir do ano 1979, cando Marjane ten dez anos e desde a súa perspectiva infantil é testemuña dun cambio social e político que pon fin a máis de cincuenta anos de reinado do Xa de Persia en Irán e dá paso a unha República Islámica.
Ela manifestou "A miña motivación non foi escribir sobre a miña vida senón sobre a historia do meu país, o que pasou alí durante a miña infancia, sobre a situación política que se viviu.»
Por tanto esta novela con tanta carga emotiva, crítica e irónica encantounos; deunos para falar moito: aprender deste país, situación, costumes, cultura, educación... e por suposto para reflexionar sobre as relixións, a opresión, a manipulación , a guerra , o medo ...
Esta novela segue por desgraza en plena actualidade porque o conflito continua sen solución.
A vida da súa protagonista é a de moitas persoas que actualmente intentan abandonar o seu país en busca dun lugar mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario