lunes, 24 de febrero de 2020

24 de febreiro: Día de Rosalía


O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura e Turismo, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Cada ano son máis as institucións que se suman á celebración do DÍA DE ROSALÍA.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2020, baixo o lema #ErrantesPoloMundo_drc_20, a celebrar este día co agasallo dun libro e unha flor ás amizades e persoas querida. Publica un manifesto na voz de Daniel Asorey e propón múltiples actividades ás que se poden sumar os centros educativos. Unha proposta para traballar o drama da emigración na voz da nosa poeta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario