Nesta ocasión o libro elexido para o club de lectura para o alumnado de 6º A foi "La muñeca viaxeira" de Jordi Sierra i Fabra.
Jordi Sierra i Fabra reproduce neste libro un dos grandes hitos perdidos da literatura contemporánea: as cartas co famoso autor Franz Kafka escribieu a unha nena durante dúas semanas. Por esta obra, ao escritor catalán concedeuselle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2007.
Jordi Sierra i Fabra é un do dez autores máis lidos e solicitados, tamén foi o primeiro autor español en «colgar» un libro interactivo na Rede "O misterio do Goya roubado" . Os premios con que viu recoñecida o seu labor son incontables.
Ao alumnado de sexto este libro gustoulles e pareceulles interesante. A continuación reproducimos algunhas opinións deles:
Xián: " O libro pareceume moi bonito, imaxinativo e divertido."
Rui : " Neste libro fálase de como nos imos facendo maiores., de que aínda que haxa momentos no que nos sentimos tristes sempre hai algo que nos poida animar.. Se persigues os teus soños podes conseguilos".
Ariadna: " Este libro fala de ir crecendo, de facerse maior, da inocencia e madurar, da relación entre os adultos/as e dos nenos/as, a sensibilidade e a fantasía".
Lía " O club de lectura pareceume divertido, é unha experiencia nova. O de poder dar opinións foi algo diferente e gracioso"
Queremos darlle as grazas á profesora Cris por elexir o libro e compartir este momento co alumnado.
Tamén agradecer ao IES de Ribeira do Louro de O Porriño por voltar a emprestarrnos os exemplares deste dous últimos club de lectura.
Tamén agradecer ao IES de Ribeira do Louro de O Porriño por voltar a emprestarrnos os exemplares deste dous últimos club de lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario