O 13 de febreiro conmemórase o Día Mundial da Radio. O noso centro vaino a celebrar ca gravación de programas e cunha xornada de formación para o alumnado de cuarto e quinto de primaria, onde aprenderán diferentes técnicas de vocalización, expresión, entoación, etc, asi como gravar e editar programas de radio, este alumnado será o encargado de ensinar ao resto.
Este día de conmemoración da radio é unha oportunidade para que o mundo celebre a radio e o seu impacto nas nosas vidas. A radio infórmanos, transforma e une. Reúne a comunidades de todas as profesións e condicións sociais para promover un diálogo construtivo para o desenvolvemento
A radio é un medio de comunicación único para celebrar a diversidade humana e constitúe unha plataforma para o discurso democrático. A radio segue sendo, ademais, o medio de comunicación máis usado en todo o mundo
Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio, alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión.
Este 2020, no Día Mundial da Radio, a UNESCO fai un chamamento a todas as emisoras de radio para defender a diversidade, tanto nas súas redaccións como nas ondas radiofónicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario