Un ano máis celebramos o 8 de Marzo, que pretende lembrarnos que as mulleres
aínda siguen sendo tratadas de xeito diferente aos
homes na sociedade e ata na propia casa.
No ano 1978 as Nacións Unidas declarararon o 8 de marzo como
o Día internacional da Muller Traballadora, coma unha homenaxe ao acontecido no
ano 1908 en Nova Iork.
A comezos do século XX, moitas mulleres incorporáronse ó
traballo nas fábricas nunhas condicións moi duras: xornadas laborais moi
longas, de doce e máis horas, recibindo salarios inferiores aos dos homes.
A medida que as mulleres se ían incorporando ao mundo
laboral, facíase máis evidente que aquela situación non era xusta, e pouco a
pouco empezaron a organizarse.
Unha das protestas, reivindicando mellores condicións
laborais, foi a que protagonizaron as
traballadoras da fábrica textil Cotton de Nova Iork, en Estados Unidos.
Era o 8 de Marzo de 1908 e as traballadoras encerráronse no
interior para pedir que se lles reducirá a súa xornada laboral a 10 horas.
Os propietarios da fábrica decidiron incendiar o edificio
para facelos sair de alí, pero o resultado foi de 129 traballadoras mortas.
A cor lila con que se identifica este día é porque dese ton
era o tecido que estaban a facer as obreiras o día que morreron.
Asi cada 8 de marzo debe ser un recordatorio da morte desas 192 mulleres por defenderen uns dereitos laborais dignos.
Hoxe as reivindicacións non cesan, dado que o mundo avanza
pero non para as mulleres, onde sigue existindo a desigualdade laboral,
desemprego, malos tratos por parte dos seus compañeiros, etc.
Por tanto o 8 de marzo é a data onde reivindicamos
que ás mulleres correspondelles os mesmos dereitos e igualdade de oportunidades
que os homes.
Traballar na igualdade é un principio básico na nosa escola
e no día a día.
Dende a Biblioteca preparamos lecturas variadas para tratar en torno a esta data.
Dende a Biblioteca preparamos lecturas variadas para tratar en torno a esta data.
No hay comentarios:
Publicar un comentario