Nestes momentos de incertidume, de restricións de todo tipo incluso á mobilidade, seguimos conmemorando o 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia contra as Mulleres, como todos os anos, dende as nosas clases e no noso centro.
Queremos que se visibilice a violencia machista existente en todos os países e se loite dende diversos ámbitos contra esta outra "pandemia", que todos os anos mata e fai sufrir a moitas mulleres e deixa consecuencias nefastas nas familias.
Para ese día organizamos :
- Nas diferentes entradas do colexio colocación de globos lilas (doados polo Concello) co lema "Non quereMos Violencia", co fín de que se decaten do día, tanto alumnado como familias. O alumnado levou tamén para as súas casas un globo lila .
- O profesorado e o alumnado traerá algo de cor lila.
- Emisión dunha gravación de radio sobre esta data realizada polo alumnado de 6º A.
- Visualización de vídeos ou contos relacionados con esta data, que se atoparán nos ordenadores das aulas, para suscitar debate.
- Nas aulas escribirán unha frase ou palabra sobre a violencia ou sobre o micromachismos.
- Tamén haberá posibilidade de cantar. Neste curso con tantas medidas de seguridade non poidemos ensaiar unha canción para este día, pero seguro que non lles importa recordar aquelas que tanto gustaron.
Guadi Galego con "Chea de vida" agasállanos con esta canción chea de esperanza, acompañada de lingua de signos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario