Para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro) nas diferentes aulas, dende infantil de tres anos ata sexto de primaria, houbo actividades diferentes como lectura e recitado de poemas, visionado de vídeos da súa vida, actividades interactivas, artes plásticas en torno a súa figura... e por suposto, como non podía ser doutro xeito, unha gravación dun programa de radio.
Como este é un día de festa agasalláronnos ca música dos versos de Rosalía para entrar e saír do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario