O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da palabra poética. O obxectivo deste día é promover o ensino da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais poéticos e crear unha imaxe atractiva da poesía.
A noso centro escolar neste curso quixo contribuír a esta cuestión a través dunha mostra na biblioteca dos moitos libros existentes de poesía.
Tamén realizamos unha proposta de actividade para as clases, como foi ilustrar un poema, que podía ser creado polo alumnado ou copiado. Estas expresións artísticas-poéticas foron expostas nos corredores do centro para delicia de todos
e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario