Día do Libro (tamén denominado Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor ) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e do Dereito de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). Na Inglaterra daquel tempo aínda se utilizaba o calendario xuliano, que tiña unha diferenza de 10 días co calendario gregoriano que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega, fillo do conquistador Sebastián Garcilaso de la Vega e da princesa Inca Elisabet Chimpu Occlo, irmá de Huayna Capaz, último emperador indio.
Por este motivo o noso colexio celebra este día ao grande con exposicións de libros na biblioteca, o alumnado convertese en booktuber por clase con recomendacións de libros e a biblioteca realiza un mercado de libros usados, onde o alumnado de 4º, 5º e 6º poderá recoller un libro se realiza unha ilustración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario