miércoles, 5 de mayo de 2021

Obradoiro de radio.

             
Este martes día 4 de maio tivemos, outro ano máis, o  obradoiro de radio, grazas ao orzamento concedido polo  proxecto de Radio na Biblio. De novo acompañáronnos nesta formación Xerardo e Damián, de Ponte nas Ondas.

O alumnado que recibiu esta formación foron de 4º e 5º de EP.

O obradoiro constou de 3 partes.

1ª parte - Como se escribe para radio. Como se lle fala ao micro. Preparación cunha escaleta e un guión. Vocalización, dición e  tamén interpretación ante o micrófono. Con Damián Alonso

2ª parte - Como se edita un podcast. Achegamento a Audacity. Como se limpa, amplifica, se cambia o ton e o tempo da narración. Como se engade unha música. E como se exporta a mp3. Con Xerardo Feijoo.

3ª Parte - Creación dun programa de radio en directo. Cos equipos que trae Ponte nas Ondas, explícase como funciona unha radio. Que é unha mesa de misturas, amplificador, altofalantes, micrófonos. Despois por parellas redactaron unha sección de noticias. E ata tivemos un rapaz que escribiu un rap e unha parella que cantaron unha canción do cole. Por último gravouse. 
Na sección de radio houbo temas variados:  animais, deportes, cousas do cole, de música,  actividades extraescolares, etc.. Un programa moi variado.

Foi un día moi enriquecedor. O comportamento dos rapaces foi fantástico e os profesores foron xeniais.
A continuación móstrase a gravación realizada. Esperamos que vos guste.






No hay comentarios:

Publicar un comentario