jueves, 28 de octubre de 2021

Samaín na Biblioteca

Chegou a semana do Samaín para sacar dos andeis os libros de medo, misterio, intriga... e por suposto  para decorar a Biblioteca.

Quixemos que este curso fose especial, despois de todos estes meses de pandemía. Fixemos un esforzo por ambientala, ata na porta da biblioteca apareceu un monstro para recibir as visitas. 

Como en cursos pasado propuxemos realizar relatos de medo polas aulas; como novidade serán  seleccionados dous deles por cada clase para gravalos na radio, por parte do voluntariado de 6º.



Tamén diseñamos unha ruleta con persoaxes de medo, para poder empregar nas aulas,  para crear os relatos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario