domingo, 19 de diciembre de 2021

Explorando as cores coa mesa de luz

O alumnado da clase de tres anos A, achegouse ao mundo das cores neste trimestre. Unha das múltiples actividades realizadas na aula foi a través do conto "Pequeno Azul e Pequeno Amarelo"  da editorial  Kalandraka. Trátase dun libro, cuxos protagonistas son dous amigos de distintas cores (primarias) que se converten nunha cor secundaria (verde) cando se dan apertas.

A continuación os nenos e nenas empregaron a mesa de luz cos seus materiais para probar e experimentar si lles pasaba o mesmo que aos protagonistas do libro, e asombrados comprobaron que si.




No hay comentarios:

Publicar un comentario