lunes, 3 de enero de 2022

Kamishibai en tres anos

Kamishibai, en xaponés, quere dicir teatro de papel.É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Adoita estar dirixido a nenas e nenos pequenos que van gozar del en grupo. Está formado por un conxunto de láminas que ten un debuxo nunha cara e texto na outra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe.
Como o texto está na parte posterior das láminas o kamishibai sempre necesita un presentador ou intérprete que lea o texto mentres os espectadores contemplan os debuxos.
A lectura do kamishibai realízase colocando as láminas en orde sobre un soporte deslizando as láminas unha tras outra mentres se le o texto.
Neste caso o alumnado de tres anos B desfrutou do conto “ A castañeira” na biblioteca preparado e contado pola súa titora Elisabet  Un conto moi entrañable cheo de valores para o outono. A pesar de ser tan pequenos/as estiveron moi atentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario