Club de lectura: O carteiro de Bagdad
En marzo reunímonos esta vez co alumnado de 6ºB, para falar do libro que leron neste trimestre "O carteiro de Bagdad". Dadas as circunstancias actuais de guerra esta novela deu moito para conversar.
O carteiro de Bagdad é unha novela do escritor Marcos S. Calveiro, publicada por primeira vez no ano 2007 por edicións Tambre. Recibiu o XVIII Premio Ala Delta de Literatura Infantil,nese mesmo ano, e o Premio White Ravens, no 2008.
A historia transcorre no seo dunha familia do barrio de Karrada, en Bagdad. Atópanse sumidos na guerra, a pobreza e o medo, enfróntandose sunitas e chiítas e provocando o desastre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario