Reunímonos co alumnado de 6ºB para falar dos dous libros que leron neste
trimestre:
Todos
e todas leron o libro de "Esmeraldina, a pequena
defunta" da escritora viguesa Ledicia
Costas. Libro que lles resultou divertido, gustoulles a temática e as
ilustracións (Víctor
Rivas).
O seguinte libro que leron a metade do alumnado da clase foi "A
granxa dos animais" de George Orwel, da editorial Narrativa K.
O libro é unha fábula moderna que critica os totalitarismos.
Aproveitamos para
visionar un anaco dunha película de animación que realizaron sobre o libro.
Unha sesión de desfrute en torno á lectura. Que ben o pasamos e que rica estaba a sobremesa!!



No hay comentarios:
Publicar un comentario