sábado, 25 de febrero de 2023

Club de lectura...“La madre de Frankenstein”

En febreiro reunímonos para falar do libro “La madre de Frankenstein” de Almudena Grandes. 
A lectura deste libro non nos deixou indiferentes pola gran cantidade de datos históricos tan ben narrados, unidos ás historias duras dos protagonistas, nun contexto dunha España gobernada por unha ditadura onde a opresión, o medo, a falta de liberdade, a miseria eran condimentos habituais na vida diaria. De novo un libro que nos volveu a dar moito que falar, que nos gustou e do que aprendemos historia, da man da gran Almudena. Unha gran pena que esta marabillosa escritora nos deixara porque quedaron moitos libros sen escribir.






No hay comentarios:

Publicar un comentario