martes, 28 de marzo de 2023

3º OBRADOIRO CON PAOLA : PROGRAMACIÓN EN 6º

 Son Uxía de 6ºB vouvos a contar en que consistiu esta actividade:

O luns 28, despois do recreo, fomos á aula de informática e agrupámonos por parellas no ordenador. Fixemos a nosa segunda sesión de programación.

Na outra vez traballamos noutro programa e tamén co microbit.

Nesta sesión traballamos coa aplicación de Scratch.

Scratch é un programa no que podemos iniciarnos no mundo da programación. Serve para crear historias interactivas, animacións. xogos...

O primeiro que aprendemos foi colocar un fondo para o  proxecto que iamos facer, despois elixir uns obxectos e personaxes, aos que lle puxemos unha serie de accións para que se movesen dunha maneira determinada.

Unha das funcións máis interesantes dese programa é que esas accións, que lle íamos dando, tiñan forma de quebracabezas, así nós tiñamos que ir encaixando en orden as funcións  que queríamos que realizaran as personaxes.

Estas accións divídense en diferentes grupos (Cos seguintes códigos de cores):

·       MOVEMENTO

·       APARIENCIA

·       SONIDO

·       EVENTOS

·       CONTROL

·       SENSORES

·       OPERADORES

·       VARIABLES

·       OS MEUS BLOQUES

Despois de que Paola nos ensinara o básico e o aprendéramos, tocounos a nós comezar a experimentar … FOI MOI DIVERTIDO!!

Gustoume moito esta experiencia na plataforma Scratch, paseino xenial!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario