jueves, 9 de marzo de 2023

Actividades en torno ao 8 de Marzo .

 Como é habitual en torno a data do 8 de marzo o noso centro realiza actividades diferentes. 

  • Realización na entrada do centro dun mural co título “De maior quero ser…” onde o alumnado escriba unha profesión. Mural que servirá de fío condutor para falar, traballar e reflexionar nas aulas sobre a igualdade de xénero, sobre a desigualdade existentes e a necesidade de empoderar a muller... 
  •  Exposición de libros na biblioteca de temática feminista ou onde as mulleres son as protagonistas. Proposta de lectura de libros para o proxecto lector.
  • Lazos lilas realizados pola impresora 3D
  • Ademais nas aulas do tercer ciclo cada estudante estivo a realizar unha investigación sobre unha muller que logrou algún avance na historia nun ámbito determinado. Posteriormente realizarán exposicións orais e en 5º de EP crearon códigos QR . Por outro lado noutros cursos de primaria o alumnado realizou traballos sobre unha muller importante na súa vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario