Quixemos aproveitar o Día Internacional Da Muller, para traer ata o
noso centro a unha muller importante como Soledad Castro, unha atleta de
recoñecido prestixio tanto a nivel nacional como internacional, xa que ten un
amplo palmarés de logros, destacando varios campionatos do mundo e campionatos
europeos, tanto en pista de aire libre como en campo a través.
-O concello de Mos recoñeceu a importancia de Soledad
Castro no deporte, colocándolle o seu nome ao pavillón que está ao lado do noso
centro. Ademais desta distinción, é medalla ao mérito deportivo no noso
concello.
-Soledad Castro naceu en Dornelas, Mos, moi preto do colexio. Afeccionada aos deportes,
comezou xogando nun equipo de fútbol feminino da parroquia de Tameiga, fichando
logo polo Abrente. Iniciouse no atletismo aos 19 anos, no Celta de Vigo.
En novembro do 1992 ficha polo Comesaña Sporting Club.
No seu palmarés conta con numerosas medallas en
campionatos a nivel galego e español en campo a través, 10.000 m, 3.000 m e
medio maratón.
Nas competicións internacionais destacamos, por
atención:
-En 2002 Campioa de Europa veterana de 5.000 m e
10.000 m en Potsdam (Alemaña).
-En 2003 Campioa do Mundo veterana de 10.000 m.
- Subcampioa do Mundo veterana de Campo a Través e
5.000 m en Carolina (Porto Rico).
- En 2004 Subcampioa de Europa de 5.000 m e 10.000 m
en Århus-Randers (Dinamarca).
-En 2005 Campioa de Europa W35 de Medio Maratón, 2ª
xeral en Monte Gordo (Portugal).
Soledad segue en activo con 25 nacionais de cross, representando a Galicia.
Soledad segue en activo con 25 nacionais de cross, representando a Galicia.
Soledad segue en activo con 25 nacionais de cross, representando a Galicia.
-En febreiro de 2022 lograba o subcampionato de Europa de campo a
través, colgándose a medalla de prata a un só segundo da gañadora.
-En xaneiro de 2023 en Irlanda, logra a prata mundial en carreira de montaña de
nivel master, cunha estreita marxe de tres segundos da campioa.Con este novo podio a atleta de Mos consigue ser unha das máis carismáticas do
escenario atlético galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario