Mercamos un Ozobot para o centro; é un pequeno robot intelixente para a aprendizaxe da linguaxe STEM.
Un dos produtos que vai axudar aos nenos e nenas a programar é Ozobot, un robot autoprogramable que lles fará saber de que maneira pode ser eles mesmos os que configuren o seu funcionamento. Este pequeno robot é capaz de ler o seu programa das liñas de cor debuxadas nun papel. Trátase dunha pequena esfera duns dous centímetros e medio de diámetro. Desprázase mediante unhas diminutas rodas situadas na súa base. Tamén na base sitúanse uns sensores de cor que lle van a permitir ler os códigos de cor que se vai a atopar.
O alumnado de Infantil de tres anos realizaron unha dinámica de aprendizaxe cooperativa de folio xiratorio creando un circuito de cores para que o pequeno robot poidese desprazarse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario