lunes, 5 de junio de 2023

Pensamento computacional

Durante varias semanas estiveron a traballar co alumnado  de educación infantil o pensamento computacional. 
As actividades realizadas  axudan  a avanzar coa adquisión das nocións espaciais.

Os nenos e nenas desenvolven diferentes habilidades as cales son necesarias para a resolución dos problemas como a descomposición, a abstracción, os patróns e os algoritmos.

Primeiro movéronse no espazo  e coa axuda dos compañeiros e compañeiras dentro dun panel xigante que está no corredor. 

O alumnado de 6ºB por exemplo tiñan que chegar ata o seu boneco chamado Leny! Se lles tocaban na barriga ian cara adiante, se lles tocaban no ombreiro dereito viran cara á dereita e lles tocan no esquerdo cara á esquerda. Ademais é importante buscar o camiño máis curto.Despois introduron  as frechas creadas na impresora 3D do centro, un compañeiro/a guiábaos tocando e levantando cada unha das frechas. Por último, empregaron os escornabots nun panel onde había diferentes fotografías de bechos  e  tiñan que introducir o código ao robot para lograr chegar ao becho correspondente. Toda unha aventura!!
Aqui está un vídeo do realizado en 6ºB de EI

No hay comentarios:

Publicar un comentario