jueves, 1 de junio de 2023

Visita de Andrea Maceiras

 Uxía Costas de 6º A  fálanos da visita da escritora:

“Hoxe veu a escritora Andrea Maceiras ao noso colexio. Os de sexto limos a súa novela “A folla azul”.

Andrea mostrounos na pantalla da biblioteca unha presentación, realizada por ela, onde nós eramos os protagonistas viaxando á selva do Amazonas, o lugar onde se desenvolve a historia do libro.

Nesa viaxe vimos os animais que viven alí, a tribo, as arbores e froitos que hai no lugar da que fala o libro.Foi estupendo!!

Andrea aproveitou para falarnos doutros títulos que ela escribiu, que a verdade  parecen moi interesantes.

A continuación fixémoslles preguntas sobre a historia e asinou os nosos libros cunha dedicatoria e o debuxo dunha pantera.

Para acabar a mañá Noé,Esmeralda e  Denís fixéronlle unha entrevista na radio, coas preguntas que elaboramos previamente na clase.

Grazas Andrea por esta visita"

" Algunhas veces abonda algo pequeno como unha cuncha para borrar a destrución porque sen esperanza non existiría a posibilidade dun mundo mellor"



No hay comentarios:

Publicar un comentario