domingo, 26 de noviembre de 2023

25 N: Actividades cara a igualdade de xénero

Con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, que se conmemora o día 25 de novembro, reiteramos un ano máis a condena de calquera expresión de violencia contra as mulleres, en todas e cada unha das súas manifestacións.

Na semana do 25 de novembro dende as aulas traballáronse aspectos cara a concienciación da eliminación da violencia de xénero a través de diversas actividades, para que o noso alumnado sexa sensible hacía esta problemática: dende charlas, lecturas e cambio de letras de cancións, frases, murais cas pegadas das mans...

Dende a biblioteca encargámonos de realizar chaveiros de lazos lilas na impresora 3D para todo o alumnado de 6ºA e 6ºB, tamén unha mostra de libros sobre a violencia de xénero e a gravación de varios libros.








Un dos libros foi o de Daniel Martín e Ramón Trigo que escribiron unha historia sobre violencia doméstica con moito tacto co título "El mostruo".

Breixo e Vera de 6ºB déronlle voz a este libro.





https://youtu.be/ogEl57KeL6k?si=4OkztZzfv3MW2bgm

Tamén quixemos dar voz  ás ilustracións do libro "As mulleres que cultivaban néboas" da autora Bea Gregores. Un libro poético onde se fala da supervivencia ante a violencia de xénero pero sobre todo trata da esperanza. 

 O alumnado de 6ºA e 6ºB foron os encargados de realizar este fermoso traballo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario