viernes, 8 de marzo de 2024

Neste 8 de marzo a importancia das mulleres na historia

No noso centro seguimos a conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller; consideramos unha das datas claves para avanzar na educación cara a igualdade, na formación de persoas para lograr unha sociedade máis equilibrada e xusta.

Nesta semana do 8 de marzo en cada aula traballáronse diferentes aspectos para coñecer a presenza da muller en diferentes ámbitos e en diferentes momentos da historia, co fin de dar a coñecer a importancia do traballo realizado por estas.

Dende a comisión de convivencia do centro propuxeron, ás diferentes aulas, traballar para dar visibilidade a diferentes mulleres que desempeñaron un papel importante na historia, para posteriormente  realizar un mural. Con toda a recopilación de información realizarase un libro que quedara na biblioteca.
Tamén realizáronse lecturas, marcapáxinas, escribiron sobre mulleres importantes na súa vida...
A comisión da biblioteca colaborou proporcionando material e realizando unha gran exposición na biblioteca con todo os variados libros que temos nos andeis, onde as protagonistas son as mulleres.
Realizamos un libro colaborativo entre todas as aulas sobre mulleres importantes na historia de España.




No hay comentarios:

Publicar un comentario