Coincidindo co Día da poesía os nenos e
nenas de infantil desfrutaron da presencia do escritor Ramón D. Veiga, que
estaba con motivo da lectura por parte
do alumnado do seu libro "Violeta ás agachadas”. Un libro que gustou moito
tanto pola historia como polas fermosas ilustracións, da ilustradora Abi Castillo.
Ramón contoulle moitas cousas, unha delas que este
libro estaba inspirado na súa filla pequena. Tamén leulles rimas que fixeron a delicia da
rapazada.
Despois
asinoulles o libro .
Agradecemos a editorial Xerais por
facilitarnos a presencia do escritor e por suposto a Ramón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario