O mércores 5 de febreiro tivemos o obradoiro de radio, por estar a biblioteca no proxecto de "Radio na Biblio".
Este obradoiro foi impartido por Damián Alonso, que xa estivo en outras ocasións no centro. É dobrador profesional; moitas das películas que vemos habitualmente están dobradas por el, aproveitando este bagaxe fíxonos un percorrido por elas. El realizou dous obradoiros, un para quinto de primaria e outro para cuarto. Na primeira parte ensinoulles a empregar a voz, a intensidade, o ton, o ritmo... Practicaron con textos moi divertidos. Na segunda parte por parellas mixtas elaboraron un guión, entre varios temas a elixir, a continuación ensinoulles as técnicas para gravar e realizaron a gravación de varios programas de radio.
Foi unha mañá moi frutífera, o alumnado aprendeu e desfrutou moito.
Grazas Damián pola túa visita!
No hay comentarios:
Publicar un comentario