Mostrando entradas con la etiqueta curta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curta. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de junio de 2020

Sumérxete nos libros

Unha bonita curta que incentiva a mergullarse no extraordinario  mundo da lectura, onde todo pode pasar sen moverse do sitio.

viernes, 8 de mayo de 2020

Mi hermanito de la Luna

Compartimos Mon petit frère da lune (O meu irmanciño da Lúa), unha curtametraxe do ano 2007 dirixido e animado polo Francés Frédéric Philibert e baseado na súa propia historia de vida, xa que el é o pai dos protagonistas.
A curta é narrada pola voz en off de Coline, irmá de Noé, quen nos conta coas súas propias palabras, nunha linguaxe sinxela e poética, como é o singular mundo do seu irmanciño, e o especial de vivir xunto  el, que parece naceu na lúa.
Premiado no festival Handica Apicil de 2007, "O meu irmanciño da lúa" é un tenro e fermoso traballo que mostra varias características importantes presentes no TEA , como son a intolerancia sensitiva a certos ruídos e situacións, a fixación por certos obxectos, as estereotipas que provocan incredulidade, entre outras. 
Este tipo de proxectos son moi importantes para axudar a comprender a estas persoas que o padecen.

jueves, 7 de mayo de 2020

E que podo facer eu?

O señor Xe le as noticias do xornal. Cheo de preocupacións, pregúntase: E que podo facer eu? Todos podemos facer e aportar algo, máis agora que cada un de nós ten que aportar moita responsabilidade nas normas de seguridade, para que o virus non siga a propagarse.

miércoles, 29 de abril de 2020

Soños

Cando non perseguimos os soños, ás veces son eles quen nos persiguen.
Esta curtametraxe de animación foi nominada aos premios Goya 2019. Dirixido por Víctor L. Pinel e producido por Emilio Luján
Preciosa a canción da curtametraxe: "In the next life" de John Griffin McKay,

lunes, 13 de abril de 2020

Bienvenidos

Hoxe traemos a curtametraxe Bienvenidos de Javier Fesser, realizada no 2014, foi galardoada con máis de 65 premios internacionais.
A unha escola perdida no corazón dos Andes peruanos chega unha asombrosa novidade que revoluciona a vida de toda a comunidade: a conexión a internet. Isto ábrelles as portas ao mundo pero, sobre todo, abre ao mundo a posibilidade de descubrir o que ocorre na remota aldea.
Un relato real que   Javier Fesser realizou para difundir o proxecto social "Luces para aprender". Algunhas testemuñas son sorprendentes.
Os actores e actrices  que aparecen en "Bienvenidos" son residentes de pobos próximos a Cajamarca e os protagonistas, nenos cajamarquinos: Anny, Alidel e Gisela, pequenos actores por natureza.

martes, 7 de abril de 2020

Soledad

Unha reflexión sobre o medo á soidade, nestes momentos de confinamento non hai máis remedio que enfrentarse a ela con valentía, como fai a protagonista desta historia.