O día 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero, aprobado pola Asemblea xeral das Nacións Unidas. A data foi elixida como conmemoración do brutal asasinato en 1961 das tres irmáns Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo.
O número de mulleres asasinadas por violencia de xénero no que levamos de ano ascende a 47.O balance de 2011 de mulleres mortas pola violencia machista foi de 66.
Unha de cada tres mulleres no mundo foi maltratada.
Nos últimos cen anos, son innumerables os avances lexislativos e a toma de conciencia da cidadanía no mundo. A violencia de xénero é actualmente un desafío de vital importancia en Occidente pero aínda queda moito por facer, de cada un de nós vai depender que se avance.
Recursos

- O CPI da Cañiza ofrécennos variados recursos para traballar na aula.
- Educando en igualdade un bloguer interesante para traballar a igualdade nos centros educativos.
- Un vídeo de animación impactante cunha música preciosa sobre a violencia doméstica, onde se reflexiona sobre a agresividade que xenera a agresividade. Remata co lema " Se no nos apoiamos...caemos"
- A Biblioteca do IES Lama das Quendas quere sumarse a esta celebración poñendo o seu gran de area coa intención de concienciar sobre este gran problema da nosa sociedade. Dende eiquí agradecemos todos estes esforzos en tratar de facer un mundo mellor.
Que forte! e incrible que as mozas sigan caindo nestes terribles erros.
ResponderEliminar