lunes, 11 de febrero de 2019

A muller e a nena na ciencia

A brecha de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas  persiste desde hai anos en todo o mundo. 
O 11 de febreiro é a data sinalada para pór o foco na pouca representación que aínda existe de mulleres nestes campos. Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia. 
 Dende a biblioteca quixemos aproveitar esta data para pór o noso granciño de area e dar visibilidade ás mulleres científicas, polo que realizamos un expositor con todos eses fermosos libros que tiñamos nos andeis onde as protagonistas son elas. 
Así mesmo voltamos a organizar, contando ca colaboración do Instituto Español de Oceanografía (IEO), varias charlas para todo o alumnado do centro ao longo de varias sesións, onde haberá moita información acerca   de fitoplanctón, mareas vermellas, toxinas...

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario