miércoles, 6 de febrero de 2019

Club de lectura: "Del color de la leche"

Este martes 5 de febreiro voltamos a reunirnos o noso clube de adultas-o, nesta ocasión lemos o libro "Del color de la leche" de Nell Leyshon, onde a protagonista de quince anos vainos contando en primeira persoa, a modo de diario, como é a súa vida nunha pequena poboación rural da Inglaterra de 1830.
Comenzamos a reunión falando dos diferentes sentimentos que nos provocou á lectura deste libro; as impresións foron variadas, pero no que todas coincidíamos foi na empatía hacia Mary, a protagonista,  honesta, alegre, cariñosa, faladora, intelixente e sometida. Valoramos ese mundo onde as  relacións afectuosas non existen, excepto na figura do avó, e onde o abuso de poder, a violencia física, sexual e psicolóxica están constantemente presentes.
Esta historia nos fixo reflexionar sobre a vida tan dura desas mulleres, como Mary, que houbo e hai no mundo.
Un libro que é un alegato hacia a necesidade de que todas as persoas deben saber ler e escribir, para sentirse máis libres.
Para rematar e alonxar o sabor amargo desta historia,  poidemos endulzarnos con algunhas sobremesas.
De novo disfrutamos unha agradable tarde en torno a unha lectura.
Marcamos o vindeiro clube para o día 7 de maio ás 18:00 horas co libro:
 "FUTURO IMPERFECTO" DE XULIA ALONSO



No hay comentarios:

Publicar un comentario