O día 13 de febreiro, Día Mundial da Radio, foi unha xornada especial; tivemos a formación da radio do alumnado de cuarto e quinto, para o que contamos toda a mañá con dous membros de Ponte nas Ondas, Gerardo e Damián.
Traballaron na dicción, na proxección de voz, entoación e locución, ensináronnos como redactar e locutar nunha radio e déronnos a coñecer o emprego do programa Audacity.
Un día de festa onde aprendimos moito da man destes dous grandes profesionais. Agora só queda pór en practica todo o que nos ensinaron.
Un día de festa onde aprendimos moito da man destes dous grandes profesionais. Agora só queda pór en practica todo o que nos ensinaron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario