martes, 18 de febrero de 2020

Visitas femininas do Instituto de Investigacións Mariñas

O venres 14 de febreiro tivemos a visita, con motivo do día da Muller e a Nena na Ciencia, de Cristina Romero e de Luisa Martínez, traballadoras do Instituto de Investigacións Mariñas. 
Dicir  que Cristina Romero é técnica de biblioteca e documentación, está  encargada da Biblioteca do CSIC en Vigo.
Luisa Martínez é doutora.en Ciencias do Mar, desenvolve a súa carreira científica e divulgadora no Departamento de Oceanografía  é a responsable da Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia. Luísa é co-autora de unidades didácticas, guionista, participante na obra de teatro científico “Que traballo tan   curioso “e autora do álbum informativo “Puf! Vaia peido” da Editorial Galaxía.
Elas explicáronos en  que consiste o seu traballo,  o labor que realiza o seu Instituto en relación ao mar, aprendimos curiosidades sobre peixes e a  importancia dalgunha, das moitas, mulleres que foron pioneiras nos avances das ciencias.
Realizaron dúas charlas unha para os de 1º, 2º e 3º e outra para o resto de  maiores de Primaria.
Queremos dende aqui agradecerlle a Cristina e a Luísa por este fermoso día de aprendizaxe, e por suposto o esforzo de vir ata o noso centro.  
 
Os presentadores/as do acto.


 






No hay comentarios:

Publicar un comentario