Nesta semana celebraríamos no centro o día Mundial da poesía, como non podemos facelo presencial, farémolo virtualmente.
Este curso tiñamos pensado realizar acróstico co nome de Rosalía, a nosa poetisa máis coñecida.
Pero que é un acróstico?? É un tipo de composición que se redacta en forma de prosa ou verso e que expresa unha mensaxe ou unha palabra en forma vertical.
Acróstico procede dun vocábulo grego que alude á finalización dun verso. A primeira acepción do concepto que menciona o dicionario da Real Academia Española (RAE) fai mención ao poema que, coas letras iniciais, intermedias ou finais dos seus versos, forma unha expresión ou unha palabra.
Para escribir poesía.
Ordena primeiro as ideas.
Escribe pequenas frases.
Separa ben cada palabra.
Intenta escribir en verso.
Agora anímate a recitar.
PROPOSTA DE ACTIVIDADE :
Realizar un acróstico cas letras do nome de Rosalía. Escribir con cada letra un verso, unha palabra ou frase.
Se vos gusta a actividade, podes seguir facendo acrósticos cos vosos nomes e os da familia.
R
O
S
A
L
I
A
Se queredes enviar unha foto cos vosos acrósticos facelo a: efprim@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario