sábado, 21 de marzo de 2020

Día Mundial da Poesía: 21 de marzo


Este ano celebramos o Día Mundial da Poesía nunha situación excepcional, por iso faise máis real o lema da ONU: Poesía, expresión lingüística da nosa humanidade común.
Este día celébrase  co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.
Ademais, búscase promover o ensino da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais poéticos, apoiar ás pequenas editoriais, crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.
Foi a UNESCO en 1999 o organismo que decidiu proclamar o 21 de marzo, como Día Mundial da Poesía, a proposta do editor Antonio Pastor Bustamante.
Aproveitemos este día para ler poesía. Ánimo!!
Resultado de imaxes para: poesia de garcia lorca

Nanas de la cebolla                            
La cebolla es escarcha
cerrada y pobre:
escarcha de tus días
y de mis noches.
Hambre y cebolla:
hielo negro y escarcha
grande y redonda.

Bicos na voz 
A bolboreta
debuxa un beixo
con moitas cores
nalgún espello.
Beixo amarelo
de noz e mel,
brinco na brisa,
luz de papel.
A continuación diferentes recursos para disfrutar da poesía:

http://amusicadopena.blogspot.com/2013/03/dia-da-poesia.html
Resultado de imaxes para: poemas
O 21 de marzo  celébrase tamén ...
- Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial
- Día Mundial da Síndrome de Down
- Día Internacional dos Bosques
- Día Internacional de Nowruz
- Día Europeo dos Arquivos
- Día Mundial da Marioneta

No hay comentarios:

Publicar un comentario