miércoles, 13 de mayo de 2020

Celebrando as Letras Galegas dende a casa.

Cada ano chegados a mediados do mes de maio celebramos no colexio a Semana das Letras Galegas,con prantexamento de diferentes actividades durante varios días para rematar nun fermoso festival.
Neste curso o confinamento impídenos celebralo no colexio, pero imos  agasallar igual a nosa Lingua adaptándonos ás novas circunstancias. 
A continuación aparece o fermoso cartel anunciador das diferentes actividades, se pinchades  iredes ao blog de Dinamización da Lingua da Lúa de Mos onde están colgadas as actividades.
Este ano temos un reto colaborativo para todos/as os que queiran realizar unha foto, para efectuar posteriormente unha montaxe, bailando un valse ao ritmo da música "CALQUERA PROBLEMA DO MUNDO SE PODE ARRANXAR BAILANDO" https://www.youtube.com/watch?v=Wgx7BePA_ug&feature=emb_logo

Animádevos a participar!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario