miércoles, 13 de mayo de 2020

Premios á traxectorias da V Gala do Libro Galego

Seguimos cos premios otorgados neste caso ás traxectorias:

Iniciativa cultural ou fomento da lectura:
          Libraría Chan da Pólvora
Polo ímprobo labor que realizou a favor da poesía e da lectura, convértendose nunha libraría referente en Galicia e nun foco de dinamización arredor da poesía.
                                   Proxecto literario na rede:

                                                     – Kalandraka TV
O xurado valorou a promoción da lectura que realiza esta canle, especialmente nos ámbitos da lectura infantil e xuvenil, con contidos audiovisuais adaptados aos gustos das/os lectores/as máis novos/as.

                                    Xornalismo cultural:

                                                  – María Yáñez
O xurado recoñeceu a traxectoria de compromiso coas novas formas de contar e co uso das ferramentas de comunicación, sumando a tradición xornalística cos medios e plataformas para contalas, e sen deixar de lado os formatos da cultura popular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario