
A tarefa artística consistía en debuxarse e ilustrar nunha cuartilla a silueta da súa cara; eses pequenos debuxos foron colocados dentro dunha gran silueta de muller, baixo o lema "SOMOS IGUAIS"; convertíndose nun gran mural colectivo, na entrada da biblioteca, onde estamos todos e todas sen que haxa diferenciación ningunha.



En canto aos traballos escritos a tarefa consistía en entrevistar a unha muller especial na vida do alumnado. O resultado foi ilustrativo e de gran aprendizaxe, rematando cunha exposición onde se mostran as mulleres traballadoras e loitadoras que son importantes nas vidas do noso alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario