domingo, 7 de marzo de 2021

Día Internacional da Muller: TRABALLANDO NA IGUALDADE.


Cada 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller co fin de conmemorar a loita da muller pola igualdade de xénero. 
Pero por que este día en concreto? En marzo de 1908, un grupo de obreiras téxtiles de Nova York decidiron protestar polas malas condicións de traballo, 
encerrándonse no interior da fábrica para pedir que se lles reducirá a súa xornada laboral a 10 horas. Os propietarios decidiron incendiar o edificio para facelas saír de alí, pero o resultado foi de 129 traballadoras mortas. A cor lila con que se identifica este día é porque dese ton era o tecido que estaban a facer as obreiras o día que morreron. 
Así cada 8 de marzo debe ser un recordatorio da morte desas 192 mulleres por defenderen uns dereitos laborais dignos.
Por tanto é a data onde reivindicamos que ás mulleres correspondelles os mesmos dereitos e igualdade de oportunidades que os homes.
Dende a Biblioteca preparamos unha exposición de lecturas variadas para esta data, tamén realizamos baixo o  lema "SOMOS IGUAIS" unha gran silueta da cara dunha muller onde se colocarán dentro desta as siluetas dos nenos e nenas. Ademais o equipo de Dinamización da Lingua propuxo  traballar mulleres importante na vida do alumnado. Actividades todas encamiñadas a sensibilización de que homes e mulleres temos os mesmos dereitos.



 Dende eiqui deixamos diferentes recursos para este día.




No hay comentarios:

Publicar un comentario