Da súa relevancia abonda o resumo de Marisa Sotelo, catedrática Literatura Hispánica na Universidade de Barcelona: “ A escritora máis prestixiosa e influente da escena literaria española do século XIX en lingua castelá: intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora que triunfou na literatura española”.
A súa vida é un canto a liberdade das persoas e en especial das mulleres, co seu exemplo de vida rompendo cos formalismos convencionais nunha sociedade machista.
A primeira muller no prestixioso Ateneo Literario aínda que prohibida na Real Academia. Que viviu o amor sentido con Pérez Galdós. Foi tamén a denunciante dunha nobreza e clero galego corrompida, opresora dos débiles e falsa tal como reflexa na súa obra máis prestixiosa “Los Pazos de Ulloa. Na obra “La Tribuna” enaltece a rebeldía das cigarreiras na fábrica de Tabacos da Coruña e crítica o conservadurismo das clases acomodadas.
As numerosas obras son acordes coa súa maneira de pensar e vivir.
Sirva este centenario para que @s galeg@s coñezamos a ignorada (intencionadamente?) Emilia. Gocemos dos seus libros e renovemos así a loita por tantos valores que ela encarnou e defendeu e que aínda están pendentes de fixar nesta sociedade.
Podedes ver un resumo da súa vida neste enlace do reportaxe da TVG.
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/emilia-pardo-baz-n-4733509?t=21
No hay comentarios:
Publicar un comentario