Mostrando entradas con la etiqueta efemérides. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta efemérides. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de mayo de 2021

EMILIA PARDO-BAZÁN: A grande literata galega.

Hoxe 12 de maio  é o centenario do pasamento de  EMILIA PARDO-BAZÁN, nada na Coruña en 1851 e finada en Madrid ; construtora e residente  do Pazo, hoxe público, “Torres de Meirás”. 

Da súa relevancia abonda o resumo de Marisa Sotelo, catedrática Literatura Hispánica na Universidade  de Barcelona:  “ A escritora máis prestixiosa e influente da escena literaria española do século XIX en lingua castelá:  intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora que triunfou na literatura española”.

A súa vida é un canto a liberdade  das persoas e en  especial das mulleres,  co seu exemplo de vida rompendo cos formalismos convencionais nunha sociedade machista. 

A primeira muller no prestixioso Ateneo Literario aínda que prohibida na Real Academia. Que  viviu o amor sentido con Pérez Galdós.  Foi tamén a denunciante  dunha  nobreza e clero  galego  corrompida, opresora dos débiles e falsa  tal como reflexa na súa obra máis prestixiosa “Los Pazos de Ulloa. Na obra “La Tribuna”  enaltece a  rebeldía das cigarreiras na fábrica de Tabacos da Coruña e crítica o conservadurismo  das clases acomodadas. 

 As numerosas obras son acordes coa súa maneira de pensar e vivir.

Sirva este centenario para que  @s galeg@s coñezamos a ignorada (intencionadamente?)  Emilia. Gocemos  dos seus libros e renovemos así a loita por tantos valores que ela encarnou  e defendeu e que aínda están pendentes de fixar nesta sociedade.

Podedes ver un resumo da súa vida neste enlace do reportaxe da TVG.

 https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/emilia-pardo-baz-n-4733509?t=21







domingo, 28 de febrero de 2016

Umberto Eco

Umberto Eco, en una imagen de 2011.
Umberto Eco naceu en Alessandria en Italia o 5 de enero de 1932 , faleceu o pasado 19 de febrero de 2016 foi escritor, maestro, filósofo e experto en semiótica, célebre sobre todo pola súa novela El nombre de la rosa, un libro que sigue vendéndose e revelando misterios en cada nova lectura. Oito anos despois publica 'El péndulo de Foucalt', a outra gran novela na súa traxectoria. Autor doutras ficcións como 'A illa do día antes', 'Baudolino' ou 'A misteriosa chama da raíña Loana'.
Eco foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no 2000, e ao longo da súa vida profesional tamén foi responsable de numerosos ensaios sobre semiótica, estética medieval, lingüística e filosofía.
En 2015 aparecía a súa derradeira novela, 'Número Cero', unha ácida denuncia do periodismo irresponsable.

lunes, 11 de enero de 2016

jueves, 30 de mayo de 2013

Voltaire

 Voltaire falece en París (Francia) un 30 de maio de 1778, foi poeta, ensaísta, dramaturgo, filósofo e historiador ilustrado francés. Unha das máis grandes figuras do século das luces, que foi a conciencia da súa época loitando contra a inxustiza e o terror do sistema imperante.Voltaire é  coñecido pola defensa da liberdade de relixión e das liberdades civis.

sábado, 10 de diciembre de 2011

10 DE DECEMBRO: DIA DOS DEREITOS HUMANOS

 Para celebrar o Día dos Dereitos Humanos as bibliotecas escolares galegas colaboran nunha actividade solidaria: axudar a que os nenos que viven unha situación de desigualdade de oportunidades poidan gozar dun dereito tan básico como o dereito a ler, a formarse, a soñar, a aprender.  E para iso, colaboran na doazón de libros para o Niño do Bubisher (a nova biblioteca) nos campos de refuxiados do Sáhara.
Neste video podedes ver en que consiste o Bubisher.





63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data,10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.

Música e Dereitos Humanos. "O segrel do Penedo". Blogue da Biblioteca do IES de Fene


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)