jueves, 27 de mayo de 2021

María Reimóndez para o alumnado de 3º .

Outro ano máis non poidemos disfrutar da visita dos autores/as dos libros, para compensar este feito,  eles envíannos uns vídeos cheos de palabras fermosas.

O alumnado de terceiro leu o libro "A formiga destemida" de María Reimóndez. Despois da súa lectura, eles elaboraron unhas preguntas que lle  enviamos a escritora. Ela con moita paciencia contesta a todas as preguntas con moito esmero.
As que somos lectoras de María Reimóndez danos moita pena non ter a oportunidade de poder compartir con ela momentos que poderían ser preciosos.
María Reimóndez naceu en Lugo e é escritora tanto de narrativapoesíaensaio e teatro. Doutora en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo.
Desexámoslle dende eiquí moita sorte e enviámoslle o noso agradecemento por estes fermosos vídeos. 
Tamén agradecemos á editorial Anaya que fixo posible estes vídeos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario