Os alumnos e alumnas de quinto leron ao longo deste curso o libro " Plan de rescate" de Antía Yáñez.
Como non nos poído visitar envíanos un vídeo moi entretido, contestando ás preguntas que lle fixo o alumnado.
Antía Yáñez é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión. Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos "Lonxa Literaria" 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos “Os Viadutos” 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016). Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces. O misterio de Portomarín é a súa primeira novela.
Agradecémoslle moito a esta encantadora escritora o esforzo en realizar este vídeo.
Preme na imaxe para ver o vídeo
No hay comentarios:
Publicar un comentario