jueves, 20 de abril de 2023

Unha viaxe polos libros

Realizamos o terceiro club de lectura do curso neste mes de abril co libro "La cena"; no que volvemos a desfrutar da diversidade de opinións e experiencias que expertou esta lectura. 

A continuación a reflexión enviada por unha entusiasta lectora do noso club de lectura:

“Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro” Emily Dickinson

Rematou o club de lectura pero non remata aquí a viaxe.
Atopámonos en lugares afastados en espazo, en tempo, en formas diferentes de ver e entender a vida, en paisaxes e paises tan diferentes entre si como as persoas que fomos coincidindo na viaxe.

Espertamos con “Cabalos e lobos” nunha cidade de Vigo descoñecida, na que había alemáns,suicidios,asaltos da policía , boa arquitectura, dolor e alegría,...

Vivimos con “A nai de Frankenstein” o poder da igrexa no estado, a desvalidez das mulleres nas institucións mentais, a desvalidez dos propios facultativos que pretendían dignificar a vida das pacientes, a obsesión compulsiva do poder de ser cada vez máis grande negando e ocultando a verdade, sempre,...

Viaxamos coas “Crónicas de Jerusalén” pola banda deseñada, abríndo os ollos a realidade dese recanto do mundo tan insignificante dunha forma informal pero moi profunda abrindo os ollos a realidades esquecidas e presentes á vez.

Estivemos “Na cea” intercambiando opinións do que faríamos se nos pasara a nós algo parecido na nosa viaxe.

Saímos de Irán e percorremos media Europa con “Persépole” conseguindo rir nas situacións máis angustiantes,...

Sufrimos o agobio da Atenas colapsada pola crise giega co inspector Jaritos en “Liquidación final”, que forma angustiante de ir dun lado para outro con atascos en todas partes e vivir a Atenas clásica coa actual

Desfrutamos da gastronomía dos lugares ofrecida pola persoa que pilotaba a nave (bicas, froitas apetitosas de texturas e sabores especiais, tempo,..rico tempo que compartiu con nós) , das opinións das camiñantes que partían coma nós da ignorancia ante a viaxe que iamos emprender, de compartir opinións e vivencias
persoais que esas viaxes nos traían, diferentes olladas do camiño que se non se comparten quedan sen explorar.

Unha viaxe que comeza cada vez que abres un libro e mellora se tes con quen compartila, quen te axude a ver outras perspectivas, outros aromas que as veces pasan desapercibidos e cando alguén os describes captas tons que presentan e non percibías.

Risas, bágoas, fortes sensacións que liberan endorfinas e nos fai mellores persoas.As palabras para compartir.

Grazas Isabel que ese barco navegue eternamente polos marabillos mundos e podamos compartilo.


4 comentarios:

  1. Unha experiencia marabillosa. Encantada de repetir

    ResponderEliminar
  2. Compartir o mellor de cada quen multiplica o bo resultado. Parabéns.

    ResponderEliminar
  3. Os libros tamén axudan a tecer amizades, grazas, rapazas!!

    ResponderEliminar
  4. Sobre todo grazas a Isabel por esta oportunidade de compartir esta experienza con todas vos, e levarnos a libros que si non fora por este clube, posiblemente non tería o pracer de disfrutar!! Un pracer pertencer a este clube.😘

    ResponderEliminar