miércoles, 13 de marzo de 2024

Aprendendo vocabulario cos escornabots

 Na aula de 1° estiveron traballando vocabulario relacionado cas froitas en lingua galega, e que mellor que aprender xogando, realizárono a través dos escornabots.

Os escornabots son uns pequenos robots que axudan ao noso alumnado a iniciarse na robótica e programación. 

Así  tiñan que desprazar ao robot polo taboleiro, dándolles ordenes( arriba, abaixo, dereita, esquerda) ata determinada froita e ao chegar dicir o nome e características dela; ou un compañeiro/a dicía un nome e outro o levaba ata a froita. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario